Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta destina 600.000 euros en axudas para realizar actividades de interese agrario
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas, dirixidas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias
Lorenzana presenta as contas expansivas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que crecen un 13,5 % ata acadar os 432 M€
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou que as contas están pensadas para abrazar “máis e mellor emprego” en Galicia e acadar a igualdade real e efectiva para unha comunidade “libre de violencia”
A Xunta organiza en Lugo un curso de capacitación para o persoal de granxas de gando porcino
A formación, que arrancará o próximo venres 4 de novembro no edificio multiusos da Xunta na cidade lucense, terá unha duración de 20 horas -tanto teóricas como prácticas- distribuídas en catro xornadas
As entidades sen ánimo de lucro poden solicitar desde mañá as axudas para contratar aos axentes de emprego ás que a Xunta destina 1,1 millóns de euros
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) este programa de apoios para que as entidades contraten ou renoven aos seus axentes laborais que orientan ás persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social
A Xunta activa as bolsas de axudas para a conciliación, transporte e manutención e aloxamento de persoas desempregadas que participen en cursos de formación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta liña que conta cun presuposto de 8,5M€ en 2022 e 2023, un 6,5% máis que na anterior
A Xunta avanza na configuración dun catálogo de Formación para o Emprego para adaptalo ás necesidades do tecido produtivo
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou no IX Encontro de Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia-Norte de Portugal
A Xunta presenta en Edugal os Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego como “antenas do territorio” para dar resposta ás necesidades empresariais
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, destacou que tras tres meses de funcionamento dos tres primeiros polos, a Xunta xa asesorou a máis de 60 persoas emprendedoras e medio cento de proxectos
A Xunta inicia a cualificación en igualdade laboral dunha corentena de persoas que traballan en entidades da discapacidade
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ofrece 30 horas de formación en liña nas que se abordarán as fendas de xénero que afectan ás mulleres con discapacidade e se afondará no exercicio da corresponsabilidade e a inserción laboral destas persoas
Un total de 3.706 estudantes de FP benefícianse das axudas da Xunta para que realicen prácticas formativas en Galicia, España e no estranxeiro
O obxectivo desta acción, dotada cun orzamento de 800.000€, é compensarlle parcialmente ao alumnado os gastos derivados destas actividades
A Xunta mantén aberto ata o día 27 o prazo de presentación de solicitudes para participar no novo programa de voluntariado interxeracional
O novo programa do Goberno galego ten como obxectivo fomentar os encontros e as actividades entre mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 anos para impulsar o seu crecemento persoal e profesional