Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa a presenza das start-up galegas na feira internacional Mindtech para fortalecer o emprendemento industrial
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación asina un convenio de colaboración coa Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para habilitar espazos no encontro que se celebrará no recinto feiral do Ifevi en Vigo entre o 14 e o 16 de setembro
A Xunta destaca o papel das entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) para apoiar ás administracións locais na tramitación de proxectos empresariais
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza esta semana con varias destas entidades na que informou das novidades da Lei de reactivación económica
Arias valora coa nova directiva da APEHL as axudas e proxectos da Xunta para recuperar a hostalaría e o sector turístico
O delegado territorial de Lugo destaca a axilidade dos dous primeiros Plans de rescate, financiados con recursos propios, e confirma que se traballa no terceiro “para activalo en canto o Estado transfira os fondos”
Feijóo destaca o aeronáutico como un sector estratéxico para a economía galega e sinala que aspira a captar fondos Next Generation para a consolidación do polo aeroespacial de Galicia
Salienta que se o Goberno inclúe esta iniciativa tractora dentro da candidatura estatal aos fondos europeos podería chegar a mobilizar, grazas á colaboración público-privada, máis de 500 millóns, co obxectivo de facilitar a implantación de investimentos industriais, centros de traballo e centros de I+D
Galicia celebra os Días Europeos da Artesanía con actividades de divulgación dos oficios artesáns ata o domingo
A Xunta colabora na celebración deste evento a través do apoio de distintas iniciativas en varias localidades galegas
A Xunta pide a Alcoa e ao Goberno que dean a máxima axilidade ao proceso de negociación para a venda da planta de San Cibrao
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde nunha xuntanza telemática co Goberno, o comité de empresa e os sindicatos na que se constatou que non se están producindo avances na operación de compra-venda
Conde destaca que as obras levadas a cabo pola UDC e a Xunta exemplifican a importancia de tomar a iniciativa para afianzar a cultura da eficiencia enerxética
Son un total de seis actuacións nos campus da Coruña e Ferrol que contan cun investimento de 2,75M€ e que permitirán aforros enerxéticos equivalentes ao consumo anual de 10.000 fogares
A Xunta destaca o potencial emprendedor do sector biotecnolóxico galego nunha visita á spinf-off Celtarys Research
A empresa de base tecnolóxica, de recente constitución, desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos
A Xunta impulsa as exportacións de pemes e autónomos en máis de 20 países a través da nova convocatoria do Plan Foexga
A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a iniciativa, que se readapta para responder ás necesidades xeradas pola actual situación económica