Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

12/04/22 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos consumidores de Noia sobre as claves da factura da luz

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, participou nunha charla no Casino noiés na que se achegou asesoramento sobre este servizo básico que afecta a toda a cidadanía

05/04/22 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o traballo do Laboratorio de Consumo na vixilancia e seguridade dos produtos

O delegado da Xunta e a xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia de Galicia (IGCC) visitaron o Laboratorio de Consumo ubicado na Coruña

04/04/22 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inaugura hoxe dobre cita en Barcelona para promocionar e potenciar os produtos agroalimentarios galegos de calidade

En Alimentaria, un total de 24 entidades de sectores como o lácteo ou o cárnico compartirán espazo expositivo co Goberno galego, mentres na Barcelona Wine Week serán 15 as empresas vitivinícolas participantes

30/03/22 | 10:12 | C. de Economía e Industria

O chef Héctor López presenta os produtos de Galicia calidade ao alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo

O cociñeiro realizou un obradoiro co estudantado das quendas de mañá e tarde no marco da iniciativa Aula Gastronómica Galicia Calidade

28/03/22 | 17:41 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra os días europeos da artesanía difundindo a riqueza e singularidade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Santiago o espazo de Creativas Galegas, que se suma coa organización de diferentes talleres a esta celebración que ten lugar ata o próximo 3 de abril

23/03/22 | 18:42 | C. de Economía e Industria

A Aula Gastronómica Galicia Calidade chega ao CIFP Compostela cunha master class do chef Yayo Daporta

Unha vintena de estudantes do centro asistiron á demostración culinaria do cociñeiro e Estrela Michelín, que elaborou un menú de inspiración mariñeira

23/03/22 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa 2 M€ para favorecer a renovación de electrodomésticos nos fogares galegos

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá en Santiago de Compostela un dos 437 establecementos adheridos a esta iniciativa

18/03/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o obradoiro compostelán de percusión tradicional Sanín reflicte o vínculo entre turismo, artesanía, tradición e innovación

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá este taller artesán localizado ao pé do Camiño Francés, especialmente coñecido polos deseños das súas pandeiretas

17/03/22 | 16:03 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto de Lei da calidade alimentaria de Galicia coa pretensión de aprobala este mesmo ano

Feijóo destaca que Galicia se converterá así na primeira Comunidade Autónoma que regula unha certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria

15/03/22 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta en Ferrol lembra a importancia de poñer a disposición dos cidadáns todas as ferramentas para garantir os seus dereitos como persoas consumidoras

Martina Aneiros entregou os premios do Concurso da “Tarifa da Luz” a dous alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol