Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/02/21 | 10:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Federación Galega de Comercio avanzan na definición das medidas para impulsar a reactivación do sector en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un novo encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, dentro da liña de colaboración con esta entidade

26/02/21 | 11:45

Ángeles Vázquez anuncia unha nova Lei de Desenvolvemento de Áreas Empresariais para regular a creación de máis solo industrial e o impulso de novos proxectos en Galicia

Subliña que o seu departamento traballa xa no contido da futura norma, coa que busca responder a algunhas das demandas que lle ten trasladado o propio sector

25/02/21 | 18:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo aborda coa CEG e a CEOE o impacto dos fondos Next Generation na recuperación e a necesidade de xestionalos de forma eficaz e áxil

O presidente da Xunta, Antonio Garamendi e Juan Manuel Vieites trasladan a necesidade de apostar, máis ca nunca, polo diálogo social entre administracións, empresarios e sindicatos para adoptar medidas que impulsen a recuperación económica e social

24/02/21 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica o seu compromiso coas enerxías limpas coa renovación da Estratexia da biomasa durante o período 2021-2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, no acto de constitución do Clúster da Biomasa

24/02/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a transformación dixital como motor de competitividade das pemes de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no terceiro encontro dixital Tecnoloxías facilitadoras da Industria 4.0 organizado en colaboración coa Confederación de Empresarios desas comarcas coruñesas

23/02/21 | 16:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta asesora ás empresas galegas sobre os retos e oportunidades para a loxística vinculadas ao Brexit

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta tarde nunha xornada en liña do ciclo ‘Brexit Galicia’, que ofrece información e analiza accións de mellora para os sectores estratéxicos nas relacións comerciais co Reino Unido

22/02/21 | 15:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o comité de Alu Ibérica coinciden no seu diagnóstico e acordan a busca dunha solución integral para as plantas da Coruña e Avilés

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá cos representantes dos traballadores da factoría coruñesa

22/02/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía ata os 7 M€ as axudas para facilitar a restaurantes e cafeterías o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego reforza con 4 M€ a dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

22/02/21 | 11:58

Trenor informa da convocatoria, a partir de mañá, da liña de axudas para hosteleiros e outros negocios pechados con 15 M€

A primeira liña de financiamento, a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas, que conta cun orzamento de 60M€, pode pedirse ata o 18 de marzo, e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá a segunda liña de apoios

20/02/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o interese do Grupo CPS por participar no Polo Aeroespacial de Galicia evidencia o recoñecemento que o propio sector está facendo á iniciativa

A firma presentou dez propostas á consulta preliminar lanzada ao mercado pola Xunta, que traballa na definición do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025