Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestructuras:

18/01/22 | 12:54 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras
17/01/22 | 15:01 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

Os traballos de remate das obras da ponte sobre o río Grande en Baio obrigan a un corte do tráfico rodado desde este mércores e ata última hora do venres

Durante os labores de pulido do aglomerado da calzada e a colocación das xuntas de dilatación do taboleiro da ponte manterase operativo o paso para os peóns, habilitándose o correspondente desvío do tráfico pola vía de alta capacidade VG-1.5

17/01/22 | 13:25 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta colabora na reparación e mellora da cuberta do pavillón municipal do concello da Merca

Gabriel Alén explicou que as obras supuxeron unha achega de 35.000 euros da Vicepresidencia primeira ao abeiro das axudas da Orde de Infraestruturas de uso público
Entre esta liña de axudas e o Fondo de Compensación Ambiental co que se financian melloras ambientais nos municipios galegos, a Xunta destinou nos últimos anos máis de 146 millóns de euros en 3.673 proxectos que contribuíron a mellorar a calidade de vida da veciñanza

17/01/22 | 13:10 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

A Xunta licita por máis de 310.000 euros as obras para a execución das sendas de Soesto e de Serantes, no concello de Laxe

Construiranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433

17/01/22 | 13:03 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

Ethel Vázquez destaca o convenio co concello de Sanxenxo para humanizar a PO-308 en Portonovo como un novo paso para facer desta vía un referente en seguridade viaria tras investir a Xunta de 20 M€

Trátase dunha ambiciosa actuación que transformará a estrada en rúa grazas a un investimento de 2,3 millóns de euros, dos cales a Xunta achegará o 70%, é dicir, 1,6 millóns

16/01/22 | 12:22 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

Actuarase nas estradas LU-541 e LU-111, nos municipios lucense de Vilaba e Rábade, e nas vías ourensás OU-801, OU-540 e OU-531, ao seu paso polos concellos de Ribadavia, Ourense, Vilar de Santos e Xinzo de Limia

14/01/22 | 15:36 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras; La Presidencia de la Xunta

A Xunta creará un comité multidisciplinar para elaborar unha estratexia coa que impulsar o maior crecemento económico e rendemento social do AVE a Galicia

Resalta que este comité estará formado por un conxunto de expertos que achegarán propostas a desenvolver co fin de aproveitar a capacidade económica do tren de alta velocidade á Comunidade

14/01/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta investirá 3,5M€ na nova convocatoria da orde de infraestruturas de uso público destinada aos concellos

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro desta orde en Muros

13/01/22 | 15:20 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras; La Presidencia de la Xunta

A Xunta autoriza o contrato de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas, que mobilizará máis de 500 M€ nos vindeiros 2 anos

Feijóo salienta a incorporación ao contrato de dous eixos novidosos: a mellora das paradas de autobús e a dixitalización das estradas

13/01/22 | 12:48 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

A Xunta abordará mañá nun foro a chegada do AVE a Ourense e as oportunidades que suporá para o turismo e para a competitividade económica de Galicia

O presidente da Xunta clausurará o encontro, no que participarán os ex ministros José Blanco e Ana Pastor, ademais do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites