Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13.604 novas:

06/06/2024 | 20:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/06/2024 | 20:30 | C. de Sanidade
06/06/2024 | 20:18 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade celebra o primeiro comité técnico do mosquito tigre deste ano co fin de coordinar as actividades entre os diferentes organismos

Na xuntanza expuxéronse as actuacións que se van levar a cabo, nas que destacan o deseño de medidas para reforzar a vixilancia en colaboración cos concellos a partir deste mes, e a realización de campañas de información e concienciación cidadá

06/06/2024 | 20:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a formación que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para captar e reter talento no sector TIC da comunidade

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o CNTG, onde departiu con profesorado e alumnado e asistiu a un relatorio a cargo do experto en innovación Alfons Cornellá

06/06/2024 | 20:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e o CRA Amencer de Ribadavia gañan a quinta edición do concurso Pilabot de recollida de pilas

Os centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo

06/06/2024 | 18:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao novo director de Stellantis Vigo o compromiso da Xunta coa industria da automoción

Salienta que a Administración autonómica vai continuar dando apoio aos plans de futuro da planta no marco do plan director da automoción no que se traballa man a man co sector

06/06/2024 | 18:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha política de innovación europea baseada na colaboración interrexional a través da ‘Vanguard initiative’

A directora da Axencia Galega de Innovación participa na reunión de directores de alto nivel desta Iniciativa, unha alianza de 38 rexións europeas interesadas en estimular a innovación a través da colaboración interrexional

06/06/2024 | 17:46 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza a esencial contribución da acuicultura galega para alcanzar a soberanía alimentaria e a sustentabilidade do sector

O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a impulsar a competitividade dunha actividade estratéxica e con gran potencial de crecemento