A Xunta salienta o obradoiro dual ‘Arrieiros VI’ para mellorar a formación e o emprego en San Amaro, O Irixo e Punxín cun investimento de preto de 484.000 euros

San Amaro (Ourense), 7 de agosto de 2026

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, achegouse esta mañá ao Concello de San Amaro para coñecer de primeira man a marcha do obradoiro dual de emprego Arrieiros VI, promovido conxuntamente por este municipio xunto dos do Irixo e Punxín e financiado pola Xunta con preto de 484.000 euros. A iniciativa permite que 20 persoas desempregadas combinen durante nove meses formación e emprego nas especialidades de albanelería e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

No marco desta visita, Lado puxo en valor a contribución dos obradoiros duais á mellora da cualificación profesional e da inserción laboral, ao tempo que se executan actuacións de utilidade pública nos tres municipios, como a conservación de espazos forestais, a prevención de incendios, a recuperación de camiños e patrimonio e a rehabilitación de infraestruturas municipais. Arrieiros VI forma parte dos 23 obradoiros duais xa en marcha este ano na provincia de Ourense, nos que a Xunta inviste máis de 10,5 M€ para formar a 460 persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/08/2026