A Casa de Galicia en Madrid acolle un concerto pictórico
2024-03-20
			
			
				
			
			
			
			/documents/35297/773444/casadegalicia1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
 
				
			Madrid, 20 de marzo de 2024
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO" ofrecido por Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes.
Este novo acto consistiu en que, mentres Rosaleny Valls interpretaba dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago", os pinceis de Rafael J. Ambel trazaban formas pictóricas en función do que lle suxería a música, xurdindo así, un diálogo entre ambos.
						Departamento:
					
					
					
																							
						
																								
						
					
						
					
							
							
												A Presidencia da Xunta
												
						
					
							
				Data de actualización: 20/03/2024
			
		 
											
											 
									 
										 
										