Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13.906 novas:

16/06/2024 | 11:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024

Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

16/06/2024 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudo da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de Valgada ameazados en Galicia

O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos de campo en 34 zonas da provincia da Coruña, 28 de Lugo e cinco de Pontevedra

16/06/2024 | 00:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta entrega os diplomas aos profesionais do ocio nocturno que completaron o curso para actuar ante violencias sexuais e contra as persoas LGTBI

Desde este mes de xuño, o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe o contido formativo do protocolo de actuacións contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas

15/06/2024 | 20:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño

O conselleiro destaca a importancia deste tipo de iniciativas que ademais de recoñecer a figura “dun veciño ilustre” tamén “recoñecen a dedicación e traballo doutras persoas”

15/06/2024 | 17:52 | C. do Medio Rural

Medio Rural enxalza a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, que xa aúna a 103 empresas e 116 produtores

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo hoxe entrega da Carta Artesá á empresa Lenatt Food, que elabora cremas artesanais de froitos secos

15/06/2024 | 17:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González pon en valor o termalismo como elemento dinamizador do rural e xerador de emprego

Defendeu a necesidade de coidar e impulsar o termalismo como motor económico e remarcou que a Xunta leva anos traballando neste eido para potenciar este sector

15/06/2024 | 16:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Escola de Cantería de Poio expón o talento do seu alumnado na mostra ‘Arías Xidas’

O titular de Educación da Xunta subliña a importancia de potenciar o oficio da cantería fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sector