A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá os nenos que participan no campamento desta localidade
Fabiola García destaca que o Plan Corresponsables permite atender as necesidades de conciliación de 600 familias de Noia
O Goberno galego destina este ano 7 millóns de euros a esta iniciativa que permite apoiar a 170 concellos galegos e chegar a máis de 12.000 familias
Noia (A Coruña), 8 de agosto de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá os nenos que participan no campamento de verán de Noia, financiado polo Goberno galego a través do Plan Corresponsables. En concreto, a Xunta destina 80.000 euros a impulsar estas actividades que benefician a 600 familias desta localidade para conciliar durante a etapa estival.
A conselleira concretou que no conxunto de Galicia, o Plan Corresponsables permite ofrecer axudas a máis de 170 concellos galegos e chegar así a máis de 12.000 fogares. Neste ano 2024, o Goberno galego destina 7 millóns de euros a este programa que aínda se completa coas axudas destinadas a financiar os programas impulsados por entidades sociais, que este ano chega a 16 organizacións.
Fabiola García sinalou que o Goberno galego impulsa medidas pioneiras para favorecer a conciliación familiar como a gratuidade das escolas infantís, que permite a 32.00 familias aforrar cada ano máis de 3.000 euros; o Bono Concilia Familia, para sufragar os gastos extraordinarios de conciliación; ou o impulso das casas niño, que permiten a creación de servizos nos concellos menos poboados do rural.