Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes

O lume iniciouse ás 18,55 horas do pasado venres e finalmente afectou unha superficie de 44,18 hectáreas, das cales 40,72 foron de arborado e 3,46 de raso

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes, quedou extinguido ás 16,50 horas de hoxe.  

O lume iniciouse ás 18,55 horas do pasado venres e finalmente afectou unha superficie de 44,18 hectáreas, das cales 40,72 foron de arborado e 3,46 de raso. Para o seu control mobilizáronse 3 técnicos, 20 axentes, 40 brigadas, 29 motobombas, 4 pas, 8 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 18/08/2024