Medio Rural reitera o seu compromiso coa remuda xeracional no agro nunha visita a unha granxa en Lalín

Lalín (Pontevedra), 27 de agosto de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou este mediodía a gandaría Fraga, situada na parroquia lalinense de Goiás e xestionada por un integrante da Asociación de Xóvenes Gandeiros.

Nesta visita, o director xeral puxo en valor a importancia que ten a incorporación de novos activos ao agro galego para incidir na súa dinamización socio-económica e na súa sustentabilidade e reiterou, así mesmo, o compromiso da Xunta por fomentar e apoiar a remuda xeracional neste eido. Para isto, lembrou, a Consellería do Medio Rural traballa nun Plan de formación, asesoramento e titorización para afianzar o futuro do rural galego e favorecer esa remuda.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/08/2024