Activo un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia homónima

O lume iniciouse ás 21.54 horas de onte xoves pola noite e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de Oímbra, parroquia homónima, que se iniciou ás 21.54 horas de onte xoves pola noite.

Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 8 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas e 2 pas. Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 06/09/2024