O delegado da Xunta participa na presentación do equipo e a nova camiseta do CB Breogán
2024-09-12
/documents/35297/1443027/120924+presentaci%C3%B3n+Breogan1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 12 de setembro de 2024
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañou hoxe en Lugo ao CB Breogán no acto organizado para presentar aos seguidores o equipo e o corpo técnico do club, así como a nova camiseta que lucirán os xogadores nos partidos da Liga Endesa.
Arias lembrou que a Xunta colabora activamente co club de baloncesto lucense a través de distintas accións e convenios de patrocinio dos eventos deportivos nos que compiten en cada tempada.
Data de actualización: 12/09/2024