A Xunta pon en valor a aposta do III ‘Ecommerce Day’ pola internacionalización e o emprendemento innovador
Pontevedra, 13 de setembro de 2024
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da III Edición do Ecommerce Day, poñendo de relevo que este ano a cita se vai a desenvolver en torno á internacionalización no eCommerce, o emprendemento dixital ou a importancia da IA nas estratexias de posicionamento das empresas.
A directora tamén destacou a posta en marcha este ano da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento. Esta Oficina, explicou, é unha nova variante dentro da batería de medidas de apoio ás empresas e emprendedores, que buscan dar un salto en innovación tecnolóxica e mellorar a competitividade empresarial no cambiante escenario actual.