Martina Aneiros felicita ao Baxi Ferrol polo seu inminente debut na fase previa da Eurocup

A delegada territorial da Xunta en Ferrol asistiu na alameda do Cantón de Molíns á posta de longo dos equipos do club para esta temporada 2024-2025

Ferrol, 13 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde na alameda do Cantón á presentación oficial dos equipos do club Baxi Ferrol para a temporada 2024-2025.

Aneiros aproveitou a ocasión para felicitar á entidade deportiva e ao seu presidente, Santi Rey, polo hito que supón para o baloncesto feminino de Ferrol ter un equipo na fase previa da Eurocup, competición na que se dan cita algúns dos mellores equipos do baloncesto feminino europeo e na que o Baxi Ferrol debutará a próxima semana.

Tamén trasladou ás xogadoras e ao equipo técnico os seus parabéns por asumir o reto que supón disputar este ano dous campionatos tan esixentes -Liga Femenina Endesa e a cita europea- nos que lles desexou os mellores resultados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2024