Diego Calvo recibe a Pablo Prieto trala súa reelección como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe en San Caetano a Pablo Prieto, recentemente reelixido presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). No encontro de hoxe, Diego Calvo transmitiulle os parabéns pola súa reelección e ambos abordaron diversos asuntos de interese para o fútbol galego, que Prieto continuará liderando no período 2026-2030. O actual presidente da RFGF asumiu por primeira vez o cargo en xaneiro de 2025 en substitución de Rafael Louzán logo de que fose nomeado presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/08/2026