O secretario xeral para o Deporte acompaña a saída do Rallye Rías Altas, puntuable para o Campionato de España de Rallyes Históricos

A Coruña, 2 de outubro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, presenciou hoxe na Coruña a saída da duodécima edición do Rally Rías Altas, que se disputa este venres e sábado coa participación de preto de 80 pilotos. A proba, organizada polo club Rallye Rías Altas, pecha o calendario do Campionato de España de Rallyes Históricos e conta cun percorrido de 116 quilómetros cronometrados que discorren polos concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Paderne.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2026