Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8.45 h. de hoxe

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada

Estabilizado outro lume no municipio pontevedrés de Arbo, parroquia de Mourentán, que rolda as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 8.45 horas de hoxe luns.

Laza-Trez

Esta activo, dende as 19.22 horas de onte domingo, un incendio forestal no concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa estabilización mobilizáronse ata o de agora 13 axentes, 20 brigadas,  14 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 5 avións.

Arbo-Mourentán

Ás 08.37 horas de hoxe luns quedou estabilizado o lume rexistrado no municipio pontevedrés de Arbo, parroquia de Mourentán, que se iniciou onte domingo ás 23.41 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas. Nos labores de extinción deste incendio lévanse mobilizado, polo de agora, 2 técnicos,  5 axentes, 16 brigadas, 13 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 16/09/2024