O DOG publica a resolución de concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas
Con este concurso preténdese incentivar a creatividade literaria a través do uso da lingua galega
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a listaxe de nenos e nenas premiadas no concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galega convocado e desenvolvido pola Escola Galega de Administración Pública.
Con este concurso preténdese incentivar a creatividade literaria a través do uso da lingua galega. Neste senso, constitúe unha ferramenta máis para concienciar a persoas de todas as idades sobre a necesidade de fomentar a dinamización da nosa lingua e de coñecer e divulgar a cultura que a través dela nos transmitiron as xeracións devanceiras.
Este premio é un exemplo máis do compromiso que ten a Escola Galega de Administración Pública coa lingua e o labor que lle corresponde de difusión e normalización do idioma galego na Administración Pública.
As persoas gañadoras son nenas e nenos con idades comprendidas en función das dúas categorías previstas: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A suma dos seis premios acada os 1.200 €.