Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 150 hectáreas

Permanece tamén estabilizado o lume do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas

Extinguido o incendio do municipio pontevedrés de Arbo, parroquia de Mourentán, que afectou finalmente 22,7 hectáreas

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 09.00 horas de hoxe luns.

Estabilizado A Gudiña-Pentes

Está estabilizado, dende as 00.13 horas de hoxe martes, o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 150 hectáreas. Para a extinción deste lume mobilizáronse ata o de agora 8 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 10 helicópteros e 8 avións.

Estabilizado Laza-Trez

Permanece estabilizado, dende as 18.01 horas de onte luns, o incendio forestal do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que se iniciou ás 19.22 horas do domingo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de en torno a 60 hectáreas. Para a súa estabilización mobilizáronse polo de agora 16 axentes, 30 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 7 helicópteros e 4 avións. 

Extinguido Arbo-Mourentán

Ás 21.07 horas de onte luns quedou extinguido o lume rexistrado no municipio pontevedrés de Arbo, parroquia de Mourentán, que se iniciou o domingo ás 23.41 horas. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 22,7 hectáreas, das que 20,9 corresponden a monte arborado e as 1,8 restantes a raso. Nos labores de extinción deste incendio mobilizáronse, en conxunto, 7 axentes, 24 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 3 técnicos e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 17/09/2024