A delegada territorial de Ferrol mantén un encontro coa nova directiva da entidade social Dios y Pan
2024-09-19
/documents/35297/1449682/DiosyPan.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 19 de setembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo con representantes da entidade social Dios y Pan coa fin de coñecer a súa labor e os proxectos que están a levar a cabo.
No encontro, no que Aneiros tivo a ocasión de coñecer á nova directiva -estiveron presentes o presidente, Alfonso Balsa, e a vicepresidenta, MarÍa del Carmen Méndez Martorell- tamén se abordou o estudo de diferentes vías de colaboración coa administración autonómica.
A reunión encádrase dentro da rolda de contactos permanente que a delegada territorial vén mantendo cos diferentes axentes socioeconómicos e municipais da zona coa fin de coñecer as principais demandas e necesidades do territorio.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 19/09/2024