A Xunta demanda financiamento ao Goberno central para facer fronte á chegada de menores migrantes

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica deu conta da chegada de menores migrantes non acompañados durante a Comisión 5ª do Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, deu conta da situación en Galicia relativa ao reparto de menores migrantes non acompañados que está a enviar o Goberno central desde Canarias, Ceuta e Melilla.

O director xeral confirmou que Galicia xa recibiu un primeiro grupo de 28 menores do reparto acordado entre Comunidades no ano 2023 e que, tal e como avanzara no seu día a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, proximamente chegará un novo grupo de outros 26 menores do reparto acordado este mesmo ano, no que Galicia votou a favor xunto ao resto de Comunidades exceptuando Cataluña.

O responsable da Xunta manifestou a plena disposición do Goberno autonómico de acoller a estes menores ao tempo que lembrou a necesidade de máis financiamento, de máis información, e da necesidade de que o Goberno central declare canto antes a situación de emerxencia migratoria en España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2024