A Xunta recoñece o labor das persoas que traballan pola igualdade de xénero no eido académico, científico e investigador
A directora xeral de Promoción da Igualdade asistiu aos “Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación“ que celebra a USC
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu hoxe á XV edición dos “Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación“ que se celebraron no salón nobre do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela.
A directora xeral fixo un recoñecemento a todas as persoas que traballan pola igualdade no eido académico, científico e investigador. E destacou o labor de xeración de coñecemento da Universidade, co respaldo da evidencia científica, como guía de cara a elaboración de políticas públicas en prol da igualdade de xénero.