A Xunta presenta ante o Parlamento tres informes sobre os avances en materia de violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero compareceu na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, compareceu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia para presentar o informe anual correspondente ao ano 2023 de seguimento da Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, así como dos informes de violencia sexual e prestacións periódicas.

O director xeral destacou a aposta da Xunta polos centros de crise 24 horas, onde se atenderá de forma especializada ás vítimas de violencia de xénero, onde recibirán axuda psicolóxica, xurídica e social os 365 días do ano. Galicia contará antes de que finalice o ano con cinco centros deste tipo nas cidades de Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense; que contan cun investimento da Xunta de 11 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2024