Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia
2024-10-02
/documents/35297/1464219/20241002_docampo_protocolo_+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 2 de outubro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse con Rafael Vidal, presidente da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia e Presidente Nacional do Observatorio Profesional de Protocolo e Eventos.
No encontro a delegada recolleu as súas propostas como a necesidade de seguir avanzando no recoñecemento profesional para os titulados de Grao de Protocolo e Organización de Eventos e comprometéronse a abrir liñas de colaboración entre a entidade e a Xunta.
Coincidiron tamén na importancia de manter altos estándares na organización de eventos e no feito de que a profesionalización neste campo segue marcando a diferenza.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 02/10/2024