A Xunta colabora na formación dos profesionais sociosanitarios dos centros de día para garantir os mellores coidados aos usuarios
Vigo, 05 de outubro de 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na inauguración das II Xornadas Formativas para profesionais dos centros de día. O obxectivo deste encontro é impulsar a profesionalización deste sector e crear un debate aberto para ofrecer propostas e melloras.
Nesta edición, participaron varios expertos do sector que ofreceron diferentes conferencias e talleres sobre novas técnicas de coidado ou propostas de escoita activa e lecer para os maiores. Neste senso, o director xeral amosouse satisfeito ante a acollida desta proposta e salientou a importancia da colaboración da Xunta de Galicia para seguir promovendo proxectos co fin de mellorar a atención e coidados dos maiores.