Belén do Campo asiste á toma de posesión do novo presidente do Consello da Avogacía Galega

A Coruña, 3 de outubro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á toma de posesión de Francisco José Rabuñal Mosquera, decano no Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, como novo Presidente do Consellería da Avogacía Galega, que sucede no cargo a Augusto José Pérez-Cepeda Vila

O Consello da Avogacía Galega aglutina aos sete colexios da avogacía de Galicia e representa á profesión na comunidade autónoma. O seu estatuto foi aprobado por Decreto 130/93, de 3 de xuño, da Consellería da Presidencia. A súa sede reside na Coruña, por ser o lugar no que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Entre as súas competencias máis salientables están a coordinación da acción conxunta dos colexios de avogados que o conforman e as relacións cos órganos da Administración Autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2024