A Xunta reafirma o seu compromiso contra a violencia de xénero nas XIII Xornadas da Rede Galega contra a Trata
2024-10-17
/documents/35297/1471117/241017_Igualdade_XornadaCntraTrata_MAC-5.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presentou esta tarde as XIII Xornadas da Rede Galega contra a Trata que este ano versan sobre ‘A demanda da prostitución como causa das violencias’.
Roberto Barba amosou o firme compromiso do Executivo galego na loita contra os delitos de trata e explotación sexual. Así mesmo, o director xeral destacou que a atención ás vítimas é unha prioridade, polo que dende a Xunta se poñen en marcha todos os mecanismos para axudar na reparación dos danos cada vez que se detecta un caso.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 17/10/2024