O GALP de Pontevedra organiza dunha Xornada de Dinamización de Mercados Locais

A Xunta reforza a súa aposta polas accións de promoción da comercialización de ciclo curto e a dinamización das prazas de abastos

A Consellería do Mar destaca as campañas de promoción como GALICIA SABE AMAR e selos de calidade como PescadeRías, de onde se non? como experiencias de éxito

O evento ten como finalidade abordar o impulso dos mercados locais, a súa sustentabilidade e a divulgación da calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros frescos

Sanxenxo (Pontevedra), 21 de outubro de 2024

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Pontevedra organizou unha Xornada de Dinamización de Mercados Locais, apoiada desde a Conselleria do Mar e cofinanciada con fondos europeos destinada a persoas relacionadas coa xestión e venda en prazas de abastos, técnicos municipais , xestores e representantes de asociacións representativas do sector minorista de produtos frescos. O obxectivo foi abordar os compoñentes relacionados cos mercados excelentes como son a modernización, a innovación, a diferenciación e identificación da calidade dos produtos ou a súa potenciación.

No evento participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, quen fixo un relatorio sobre A promoción do produto fresco da pesca, marisqueo e acuicultura da Consellería do Mar- PescadeRías e Come o mar. Marta Villaverde, resaltou no acto de apertura o papel destes espazos como uns  lugares únicos onde se atopan os produtos  de máxima frescura y calidade que son o reflexo do noso patrimonio cultural así como fonte vital de emprego.

A directora xeral, destacou así a importancia do papel  das prazas de abastos no fomento do consumo dos produtos locais para fornecer as economías dos municipios, para reducir a pegada de carbono, ao acortar as distancias entre produción e consumo. Tamén puxo en valor cos produtos de proximidade ofrecen as máximas garantías aos consumidores da súa trazabilidade y sustentabilidade.

Pola súa banda, Antonio Basanta  subliñou a aposta da Xunta polas accións de promoción da comercialización de ciclo curto e a dinamización das Prazas de Abasto como espazos comerciais e manifestou o importante papel que xogan as certificacións de calidade como PescadeRías, de onde se non? na valorarización destes produtos. A isto sumou as campañas desenvolvidas pola Consellería do Mar como GALICIA SABE AMAR como iniciativa de éxito divulgando a calidade e sabor dos produtos do mar por todo o territorio galego.

Durante a xornada tamén interveu o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, co obxectivo de poñer en valor a rede de Mercados Excelentes que impulsa a Xunta a través dunha orde de achegas específica dotada con preto de 1,3 millóns de euros e cuxa convocatoria deste ano está a piques de resolverse. A finalidade desta medida, indicou, é posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.

Así mesmo, destacou que a aposta polas prazas e mercados se seguirá reforzando nos orzamentos de 2025. Ademais, serán un eixo fundamental no futuro Plan Estratéxico de Comercio, que está agora mesmo en fase de elaboración coa participación de todos os axentes implicados, favorecendo experiencias cruzadas como o selo Menú de mercado para facer campañas promocionais e levar os clientes dos mercados aos restaurantes, e viceversa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2024