Belén do Campo destaca o apoio da Xunta ao Club Ximnasia Coruña para a renovación da cuberta das súas instalacións

A delegada destacou que a Xunta reforza a súa aposta por este tipo de infraestruturas co seu orzamento nesta ámbito, xa que este ano destinou 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas de Galicia

A Coruña, 23 de outubro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, esta tarde, aos adestramentos nas instalacións do club Ximnasia Coruña, para visitar as obras realizadas da renovación integral da cuberta e reposición do canlón do centro para o que contaron cunha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte de case 20.000 euros entre o 2023 e 2024. O  obxectivo principal desta actuación foi mellorar a confortablidade e sostenibilidade do centro ao mellorar o seu illamento. 

A representante do Goberno autonómico puxo en valor a traxectoria deste club que iniciou a súa actividade deportiva o 3 de febreiro de 2007 e conta xa con 350 licencias. Esta entidade deportiva ten entre o seu persoal a adestradoras profesionais cualificados para todas as modalidades, tendo como principal obxectivo o benestar das nenas coa práctica da ximnasia. As súas alumnas participan en exhibicións e galas e nos campionatos de Galicia e España en ximnasia artística feminina.

A delegada da Xunta lembrou que este apoio forma parte da orde de axudas do Goberno galego  para  entidades para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas. Neste senso, lembrou que a Xunta reforza a súa aposta por este tipo de infraestruturas co seu orzamento nesta ámbito, xa que este ano destinou 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas da comunidade. Neste montante, inclúense 17,5 millóns en instalacións de titularidade autonómica, municipal ou de entidades deportivas, así como os proxectos beneficiarios das axudas de 5 millóns de euros do fondo adicional de Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética nestas instalacións. 

 Ademais de apoiar ás entidades locais nas instalacións deportivas da súa propiedade, a administración rexional tamén contribúe á mellora das infraestruturas das entidades deportivas, así como ao funcionamento do tecido deportivo con achegas a federacións e clubs co obxectivo de que poidan levar realizar a súa actividade.

A delegada tamén lembrou que Ximnasia Coruña conta con outro apoio do Goberno galego dentro das axudas dirixida a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado en Galicia para o desenvolvemento de das súas actividade deportivas. Esta orde conta cun orzamento de 2 M€ e permite apoiar a máis de 1.300 entidades de toda Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2024