Arias participa na presentación da VIII Carreira Popular de Montaña do Club Fluvial
2024-11-12
/documents/35297/1503153/Carrera+Fluvial+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 12 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá na presentación da oitava edición da Carreira Popular de Montaña organizada polo Club Fluvial de Lugo.
A proba celebrarase o vindeiro domingo 17 de novembro ás 11.00 horas nas inmediacións do club e contará con dúas modalidades: distancia larga (duns 15 quilómetros) e distancia curta (duns 10 quilómetros).
O delegado destacou o auxe desta carreira que “ademais de promocionar a práctica do atletismo na nosa cidade, pon en valor a nosa espectacular contorna natural”. Ata o momento apuntáronse máis de 150 participantes e o prazo de inscrición segue aberto.
Data de actualización: 12/11/2024