Arias participa na inauguración da feira ‘Dojo Arena’ en Lugo

Lugo, 22 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na inauguración da primeira feira nacional de deportes de contacto e artes marciais Dojo Arena, que se celebra no Pazo de Feiras de Lugo e que durante tres días situará á cidade no epicentro destas disciplinas, que contan cada vez con máis adeptos.

O evento, que conta co patrocinio da Xunta, segue nesta primeira xornada con exhibicións de defensa persoal e de kickboxing; seminarios a cargo de deportistas de primeiro nivel como César Alonso ou Ángel Moreno Goldenboy; e cunha velada de boxeo, con doce combates.

Arias agradeceu aos organizadores da Dojo Arena o traballo realizado para traer a Lugo esta feira, que se celebra por primeira vez en España, e que “ademais de fomentar a práctica deportiva, funcionará como escaparate para a promoción turística da cidade, demostrando tamén o seu potencial para acoller eventos de todo tipo”.

Data de actualización: 22/11/2024