O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Federación Galega de Tenis
2024-11-27
/documents/35297/1521955/271124++Reuni%C3%B3n+Presidente+Tenis+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 27 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación territorial co presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera. O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do tenis na provincia ourensá.
Pola súa banda, Manuel Pardo animouno a continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do tenis galego.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 27/11/2024