O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo aborda o cultivo do castiñeiro para froito
Abegondo (A Coruña), 28 de novembro de 2024
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza entre hoxe mañá unha xornada técnica sobre cultivo do castiñeiro para froito. Nela avalíanse materias como a organización espacial dos soutos e as variedades cultivadas, os sistemas produtivos de planta de castiñeiro para froito ou o control de doenzas coma o cancro.
Tamén se estuda a produción deste froito en base a variedades autóctonas rexistradas de xeito tradicional en soutos ou a través de modalidades de plantación de produción intensiva, con referencias expresas ás producións amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. O programa da xornada completarase mañá cunha visita a dúas plantacións situadas no concello de Cerceda.