Belén do Campo asiste á celebración do Día do Axente Comercial organizado polo Colexio Oficial de Axentes Comerciais da Coruña
A Coruña, 29 de novembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou, esta mañá, na celebración do Dia do Axente Comercial, organizado polo Colexio Oficial de Axentes Comerciais da Coruña
A representante do Goberno galego puxo en valor o excelente traballo que leva a cabo esta entidade ofrecendo un potente servizo de formación e asesoría que resulta fundamental para este colectivo e trasladou o compromiso do Goberno galego de colaborar en todo o que poidan precisar. Neste senso, destacou que é unha das profesións máis demandadas polas empresas xa que impulsan as súas ventas, potencian as súas marcas e abren novas áreas comerciais en Galicia, España e no mercado exterior.
A delegada tamén participou na entrega de insignias de prata aos catro colexiados que levan 25 anos en activo na profesión.