O titular do Executivo galego participou na entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia ao seu presidente, Pedro Fernández

Rueda felicita ao Grupo Zendal por ser referente mundial do sector biofarmacéutico desde Galicia

Agradece que exerzan de embaixadores do que significa Galicia Calidade a través de investigacións punteiras no eido da saúde

Resalta que a Galicia próspera de hoxe en día é froito da actividade empresarial das últimas décadas

Subliña o compromiso da Xunta con ofrecer estabilidade institucional e económica ao tecido produtivo

Vigo, 29 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe ao Grupo Zendal por converterse nun referente internacional do sector biofarmacéutico desde a comunidade e exercer de embaixadores do que significa Galicia Calidade por todo o mundo a través de investigacións punteiras no eido saúde.

Durante o acto de entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia ao presidente desta compañía, Pedro Fernández, o titular do Executivo galego subliñou o papel do tecido produtivo á hora de facer avanzar un territorio e asegurou que a “Galicia próspera” de hoxe en día é froito da gran actividade empresarial das últimas décadas.

Tras asegurar que “Galicia faise todos os días nas empresas galegas”, Rueda resaltou o compromiso da Xunta con ofrecer estabilidade tanto institucional como económica para axudar a que os empresarios sigan apostando pola comunidade para investir ou expandir os seus proxectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2024