A Xunta participa na toma de posesion do Xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco
A delegada da Xunta e o director xeral de Emerxencias e Interior coa súa presenza apoiaron o labor da Policía Nacional a prol da seguridade en Galicia e a necesidade de seguir reforzando a súa presenza para garantir a protección dos cidadáns
A Coruña, 2 de decembro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiron á toma de posesión do novo Xefe Superior de Policía de Galicia, Comisario Principal, Pedro Jesús Pacheco, na delegación do Goberno na Coruña. Ambos representantes do Goberno autonómico coa súa presenza apoiaron o labor da Policía Nacional a prol da seguridade en Galicia e a necesidade de seguir reforzando a súa presenza para garantir a protección dos cidadáns.
Pedro Jesús Pacheco, licenciado en Dereito, ingresou na Policía Nacional no ano 1993. Durante a súa traxectoria profesional ha asumido diferentes responsabilidades operativas, especialmente na área de Policía Xudicial e ocupou as xefaturas de Policía Xudicial na Comisaría de Distrito Centro e da Sección de Homicidios de Madrid.
Tamén foi coordinador xefe das Comisarías Especiais e xefe da Brigada de Investigación Tecnolóxica. Ascendeu a inspector xefe no ano 2009 e a comisario en 2016. É comisario principal desde 2023 e desempeñaba ata o de agora o cargo de xefe central de Operacións na Comisaría Xeral de Policía Xudicial.