A Xunta colabora co xeodestino da Mariña para impulsar o turismo gastronómico na comarca

Cervo (Lugo), 2 de decembro de 2024

A Xunta de Galicia colabora coa  Mancomunidade de Municipios da Mariña na organización das xornadas Amodo. Conversas arredor da gastronomía na Mariña, que se enmarcan nas accións encamiñadas a potenciar o turismo gastronómico neste xeodestino.

O Goberno galego entende que a gastronomía da zona, baseada en produtos de proximidade de calidade, é un valioso recurso para reforzar a oferta turística.

As xornadas, que se están a desenvolver en Cervo, están dirixidas a xornalistas especializados no ámbito turístico e os relatores son profesionais do sector de distintos puntos de España. Entre outros, participan representantes do Basque Culinary Center de San Sebastián, o Barcelona Fòrum Gastronòmic ou do Consello Regulador da Denominación de Orixe Viños de Xerez.

Data de actualización: 02/12/2024