Arias asiste ao último adestramento en Lugo do equipo que representará ao CB Breogán na Minicopa Endesa

Lugo, 2 de decembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta tarde no Pazo dos Deportes ao último adestramento na cidade do equipo da Fundación Breogán que representará ao CB Breogán na Fase Previa da Minicopa Endesa da ABC, que se disputará en Tarragona do 6 ao 8 de decembro. A formación compóñena doce rapaces de categoría infantil procedentes de clubs de toda a provincia.

Arias desexoulles “moita sorte nesta experiencia única, na que de seguro demostraredes o excelente nivel do deporte de base na nosa provincia”.

O equipo da Fundación Breogán resultou encadrado no Grupo B, xunto ao UCAM Murcia Polymec, o Unicaja de Málaga e o Cochesinternet Lleida. O primeiro de cada grupo clasificarase directamente para a fase final, que se disputará durante a Copa do Rei.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2024