Fabiola García comprométese co Concello de Padrenda a seguir reforzando os servizos de atención ás persoas maiores

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta semana unha reunión co alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, na que se comprometeu a seguir reforzando e mellorando os servizos de atención e coidados ás persoas maiores deste municipio.

Fabiola García trasladou ao rexedor que na actualidade a Xunta destina máis de 300.000 euros en diferentes recursos para atención a maiores deste concello, entre os que se atopan o Bono coidado no fogar, do que se benefician 19 veciños, que reciben unha achega anual de 5.000 euros para coidados na casa. Así mesmo, a conselleira sinalou que desde o 2021 a Xunta concedeu a este municipio máis de 300 horas do Servizo de Axuda no Fogar ata completar as 1.484 coas que conta na actualidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/12/2024