Medio Rural destaca na Festa da Pisa da Castaña do Courel a excelente calidade deste froito en Galicia
2024-12-07
/documents/35297/1530973/IMG-20241207-WA0002.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Folgoso do Courel (Lugo), 7 de novembro de 2024
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á celebración da XXV Festa da Pisa da Castaña do Courel, que tivo lugar na aldea de Forxán, no concello lucense de Folgoso do Courel. Alí, puxo en valor a excelente calidade das castañas que se obteñen na nosa comunidade, amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
Esta festa contou cun variado programa de actividades, que tivo como epicentro a demostración do pisado de castaña seca. Ademais, a festividade ofreceu un xantar que exemplificou as posibilidades da castaña como acompañamento en diferentes pratos.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/12/2024