A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por costeiros no litoral da Coruña e de Lugo

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina webdo CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía de mañá sábado por mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros, aumentando ata 7 metros entre Ortegal e Bares, así como en torno a Bares e mar adentro. Actívase tamén a alerta amarela no suroeste da Coruña e en todo o litoral pontevedrés por mar combinada do noroeste con ondas de ata 5 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Data de actualización: 06/12/2024