A Xunta achega 42.000 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio coa entidade local para financiar o novo equipamento

O Incio (Lugo), 9 de decembro de 2024

A Xunta achega 42.350 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a realizar traballos de protección do medio ambiente e dos espazos naturais.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega do novo equipamento xunto co alcalde do Incio, Héctor Corujo - entre outras persoas -. A colaboración é froito dun convenio entre a entidade local e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O vehículo será empregado pola brigada ambiental municipal nos seus labores de inspección e control dos espazos naturais e recreativos, tarefas de prevención de incendios, atención ás emerxencias, eliminación de posibles vertedoiros incontrolados ou mantemento e acondicionamento de camiños públicos de acceso a núcleos de poboación e fincas.

Trátase dun todoterreo con caixa traseira que pode ser cuberta ou descuberta segundo as necesidades de carga, tracción 4x4 e gancho de remolque, entre outras características.

Arias enmarcou esta acción “na cooperación permanente da Xunta cos concellos para levar os servizos á cidadanía alí onde se precisan”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/12/2024