Medio Rural e a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia poñen en valor o servizo de matadoiro móbil da Xunta
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
A Consellería do Medio Rural reforza a súa colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) para impulsar este sector na nosa comunidade. A conselleira María José Gómez e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo con responsables desta entidade para avanzar na cooperación nesta materia.
Entre os temas abordados salientou o do matadoiro móbil, que ambas partes coincidiron en valorar como instrumento de apoio ao sector, en particular para facilitar o sacrificio naquelas explotacións de ovino, cabrún e porcino localizadas en zonas de montaña e, en xeral, nas situadas lonxe dos matadoiros convencionais. A posta en marcha deste servizo respondeu, precisamente, a unha demanda do sector interesado e en concreto de Ovica.