Belén do Campo participa no acto de gradación dos estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña
A Coruña, 13 de decembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e pola directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, participou no acto de gradación dos estudiantes que remataron os seus estudios no curso 23/24 na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, pertencentes ao XI do grao en Tecnoloxía da Enxenería Civil e XI do grao de Obras Públicas (XIX de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas da Escola) e a IX promoción do máster de Enxeñería de Canais e Portos (XIX de enxeñeiros de Camiños de Canais e Portos da Escola) e XVIII do máster de Enxenería da Auga,
A delegada felicitou persoalmente ás alumnas e aos alumnos que remataron a súa formación despois de moitos anos de dedicación, esforzo e compromiso e animou a todos a traballar moi duro para levar con honra o nome da escola alá onde vaian. A representante do Goberno autonómico destacou que “os novos graduados e estudiantes que remataron o máster contades cos coñecementos e habilidades necesarias para afrontar os retos para construír unha Galicia máis conectada, máis resilente e máis competitiva”. Tamén lembrou que, “ademais das ferramentas técnicas, o que marcará a diferenza será a vosa ética, a vosa capacidade de traballar en equipo e a vosa paixón por innovar”.