López Campos asiste á festa do ‘Papá Noel solidario’ da Fundación Andrea para a recadación de fondos

A Estrada (Pontevedra), 15 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou esta tarde no festival Papá Noel solidario que todos os anos celebra en diferentes localidades galegas a Fundación Andrea. Esta xornada de xogos e obradoiros está pensada por esta organización sen ánimo de lucro co obxecto de recadar fondos e dar a coñecer ás familias con nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais os diferentes apoios que lles poden prestar.

Data de actualización: 15/12/2024