A Xunta pon en valor o labor da Fundación Meniños na protección da infancia galega ao longo dos seus trinta anos de traxectoria

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou que o reto é trasladar á sociedade a existencia dos problemas que afrontan os menores e adolescentes e involucrala na súa resolución

A Coruña, 14 de outubro de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá ao acto 30 años, 30 historias co que a Fundación Meniños celebra os seus tres decenios de existencia. Alí puxo en valor o labor da entidade na protección dos nenos e adolescentes galegos.

Jacobo Rey cualificou a Fundación Meniños como un aliado fundamental do sistema de protección autonómico, xestionando programas de gran sensibilidade e complexidade que van desde a atención perinatal ata o apoio psicolóxico, social e educativo dos menores. 

O director xeral apuntou ademais que o gran reto é trasladar ao conxunto da sociedade a existencia de problemas e complexidades na infancia e que toda esta sociedade se involucre para afrontalos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2026