Diego Calvo asiste ao campionato de escalada Cidade da Coruña 2024

A Coruña, 14 de decembro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou esta mañá no rocódromo do estadio municipal de Riazor os participantes no campionato Xunta da Galicia de escalada en Bloque 'Cidade da Coruña 2024'. As competicións continuarán mañá cos campionatos galegos de escalada de velocidade e en idade escolar na modalidade de escalada de dificultade. A Xunta impulsa as tres probas organizadas pola Federación Galega de Montañismo e na que compiten centos de participantes desde a categoría alevín sub 12 de 10 ou 11 anos ata veteranos de máis de 40 .

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2024