Medio Rural e o Consello Regulador de Valdeorras reforzan a súa colaboración en favor destes viños
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo este mediodía no seu despacho de San Caetano unha xuntanza con representantes do Consello Regulador da Denominación de Orixe (DO) Valdeorras. No encontro participaron o presidente desta entidade, Marcos Prada, e a secretaria, Patricia de Andrés.
A reunión serviu para reforzar a colaboración entre ambas partes e para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro desta denominación de orixe vitivinícola que, segundo os datos correspondentes ao exercicio de 2023, conta cunha superficie inscrita de 1.174 hectáreas, algo máis de mil viticultores e 43 industrias.